Charanga · Tui · Pontevedra

Cantos
Somos

A festa comeza cando chegamos

Quen somos

A Charanga Cantos Somos é unha agrupación musical de Tui, Pontevedra, formada por 9 músicos de vento e percusión, con máis de 15 anos de experiencia na animación musical en festas populares, pasarrúas e eventos festivos.

A súa proposta está pensada para dinamizar o ambiente festivo e conectar con públicos de todas as idades, ofrecendo un espectáculo dinámico e participativo con música en directo e gran proximidade co público.

Participamos habitualmente en festas patronais e eventos populares en Galicia, destacando pola nosa enerxía, capacidade de animación e adaptación aos distintos momentos da festa.

🏆
Gañadores do I Concurso de Charangas Salceda de Caselas · 2022
9 Músicos
15+ Anos de experiencia
Festas animadas
Cantos Somos tocando na rúa
Tui · Galicia

Repertorio

Versións festivas de música popular especialmente pensadas para animar rúas e prazas. Podedes pedir os vosos temas con antelación.

🎺

Pasodobres

Os clásicos que fan mover os pés a toda a praza. O son da festa tradicional.

🎵

Música Tradicional

Temas galegos e populares con arranxos propios para charanga.

🔥

Pop & Actual

As cancións máis coñecidas da actualidade en versión charanga festeira.

🥁

Percusión

Ritmos que enganchan e non deixan quieto a ninguén na praza.

Tipos de actuación

🎪 Festas patronais
🚶 Pasarrúas
💒 Voda e celebracións
🎉 Despedidas de solteiro/a
Eventos deportivos
🎭 Verbenas e festivais

Escoita os nosos temas

Próximamente poderedes escoitar as nosas gravacións aquí.

Galería

Instagram

Séguenos en @cantossomos para non perderte nada

Agenda

Non hai eventos próximos programados de momento. Contacta con nós para consultar dispoñibilidade.

Para reservas e contratación: escríbenos ou chámanos por WhatsApp.

Contacto & Contratación